Noticias

 

Internet conta xa coa primeira web con dominio .gal. A Asociación PuntoGal, da que a AETG forma parte dende a súa creación, informou da activación de Nic.gal polo organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial, o Icann. A posta en marcha desta web "supón a delegación formal do dominio" e a "culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega".

sintitulo1_657975_0x0_izda.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta á xornada "Interim Management: Unha nova forma de dirixir ", que se celebrará o vindeiro 29 de abril en Vigo e o 30 de abril en A Coruña.

aime_foto_200.jpg

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. É unha das medidas recollidas no convenio de colaboración asinado o luns 31 de marzo en Santiago de Compostela pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

O 21 de marzo tivo lugar na Coruña o II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia coorganizou xunto có Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, a Ordem dos Engenheiros, o Colexio Oficial de Enexeñeiros agrónomos de Galicia, o Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia e o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste.

2014-03-21_09.09.23.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta á xornada "Hacia un mercado laboral competitivo como motor da productividade", que se celebrará o vindeiro 3 de abril en Santiago de Compostela.

O 21 de marzo na Coruña o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia coorganiza xunto con outros Colexios de Enxeñería de Galicia e a Ordem dos Engenheiros de Portugal, o II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores, onde ademais terá lugar unha Feira de Emprego na que os asistentes poderán contactar con empresas de RRHH especializadas no ámbito da contratación laboral.

2014-02-06_poster_cije14_0.thumbnail.jpg
Distribuir contido