A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia premia a Mellor Tese Doutoral aplicada no sector das TIC

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), convoca o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), patrocinado por GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia). O Premio entregarase no marco da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais e das empresas do sector das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres 21 de outubro no Gran Hotel de A Toxa, Pontevedra.

O obxectivo é recoñecer a mellor tese doutoral aplicada no sector das TIC, promovendo a realización de investigacións como vehículo de xeración de coñecemento e fomentando a excelencia daqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.

A este premio, dotado con 2.000 euros, poderán concorrer aquelas persoas que teñan defendido a súa tese nalgunha das tres universidades galegas durante os anos 2008, 2009, 2010 e 2011 e que poida encadrarse nalgunha das seguintes áreas: transferencia tecnolóxica (patentes, licenzas) e orientación ao negocio. O prazo de recepción das memorias remata o luns 19 de setembro de 2011 ás 14:00 horas.

Consulta as Bases e ficha resumo da tese

Voltar á vista de categorías Novas
Noticias máis antiguasNoticias máis recentes