COLEXIADO
Para formalizar a inscrición bastará con proceder a:
1. Cumprimentar e asinar a seguinte folla de inscrición e domiciliación bancaria a máquina ou en letras maiúsculas (se é a través da Web poderás encher e sacar por impresora, asinando o orixinal para o seu envío).
No caso de estar becado ou en situación de desemprego terase dereito a unha reducción do 50% do pago da cota, sempre que se adxunte o xustificante do INEM ou se demostre a situación de becado. A duración da beca non poderá ser superior a seis meses. A situación de becario ou desempregado que orixine a redución do pago da cota deberá xustificarse de forma reiterada a solicitude do Colexio.
Tamén terán unha reducción do 50% do pago das cotas os colexiados que xustifiquen a percepción dunha pensión de xubilación. A esta situación asimilaranse os colexiados, sen límite de idade, que acrediten unha situación de invalidez permanente de grao absoluto ou gran invalidez.
2. Fotocopia do DNI ou NIE.
3. Remitir dúas fotografías de carné actualizadas.
4. Ingresar a cantidade correspondente aos gastos de xestión de alta mais a cota da primeira anualidade (120 € mais iva, cota anual, desglosada en dous recibos en xaneiro e xullo), desglosada proporcionalmente en función do trimestre de solicitude de alta, cunha redución do 50 % para aqueles colexiados desempregados, xubilados ou que estén en situación de becados).
Nas seguintes tablas encóntranse calculadas as cantidades totais a ingresar en función do momento da solicitude de alta e das circunstancias personais de cada colexiado:
a.- Colexiados que soliciten a súa alta no COIT e se atopen en situación de becados, desemprego ou xubilación:
| Mes de solicitude de incorporación | Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta e IVE) |
|---|---|
| Xaneiro- Febreiro - Marzo | 53,40 € |
| Abril - Maio - Xuño | 35,70 € |
| Xullo - Agosto - Septembro | 53,40 € |
| Outubro - Novembro - Decembro | 35,70 € |
b.- Colexiados que soliciten a súa alta no COIT e non se atopen en situación de becados, desemprego ou xubilación:
| Mes de solicitude de incorporación | Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta e IVE) |
|---|---|
| Xaneiro- Febreiro - Marzo | 88,80 € |
| Abril - Maio - Xuño | 53,40 € |
| Xullo - Agosto - Septembro | 88,80 € |
| Outubro - Novembro - Decembro | 53,40 € |
Todos os ingresos deberánse realizar na conta corrente do Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación na entidade bancaria La Caixa con nº 2100-2222-02-0200098005 ou mediante ingreso en efectivo ou transferencia, axuntando en calquera dos casos o xustificante de pago á documentación a enviar.
5. Orixinal ou fotocopia compulsada do título de Enxeñeiro de Telecomunicación ou no seu defecto fotocopia compulsada do documento de solicitude do título espedido e selado pola Universidade correspondente no que se certifique ou acredite que o/a interesado/a superou os estudos conducentes ao Título Oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación e que abonou as tasas académicas para a súa espedición. Nos casos dos títulos homologados polo Ministerio de Educación ou recoñecidos polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, será necesario aportar o orixinal ou fotocopia compulsada da resolución administractiva pola que se concede a mesma.
NOTA: A compulsa da copia do título só será válida a efectos de colexiación se é por organismos que espediran o título (Universidade no caso dos títulos ou certificados e os Ministerios no caso das homologacións ou reconecementos), os competentes para tal fin (notarías, representacións diplomáticas españolas no estranxeiro) ou na secretaría dos Servizos Xerais do COIT ou nas súas demarcacións territoriais.
6. Remitir toda a documentación a:
COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA
Federico Tapia, 17 bis local 4
15005 A Coruña
NOTA IMPORTANTE SOBRE O SEGURO DE VIDA
Cando reciba a confirmación de alta como Colexiado mediante correo electrónico, poderá solicitar a súa alta no Seguro Colectivo de Vida que o Colexio facilita de forma gratuíta a todos os seus Colexiados.
Para isto, terá que cumprimentar o Boletín de Adhesión ao Seguro Colectivo de Vida e envialo a AMIC á dirección abaixo indicada, preferiblemente mediante correo certificado:
AMIC Mutualidad
Dpto. Contratación
Príncipe de Vergara, 11
28001 Madrid
A alta neste Seguro de Vida realizarase a partires do trimestre natural posterior á data de aceptación como Colexiado. Este boletín tamén se pode utilizar para posteriores modificacións.
· VANTAXES DE COLEXIADO






