Convocada a segunda edición do Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011

Convocada a segunda edición do Premio á Mellor Aplicación TIC 2011

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan a segunda edición do Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011 en colaboración coa Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (INEO) e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.Con este Premio, de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas que estean a contribuír ao impulso do sector galego de TIC e a dinamización da sociedade da información e o coñecemento en Galicia.O Premio entregaráse no trascurso da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que terá lugar o venres 21 de outubro na Toxa.O prazo de presentación de memorias remata o vindeiro 19 de setembro ás 14:00 horas. Para máis información consulta as bases da convocatoria e o anexo de solicitude de participación:Solicitude de participación (Word)
Bases premio INEO (PDF)
Data noticia: 27-07-2011