CURSOS SUBVENCIONADOS PLAN AVANZA:
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), a Associació Catalana d’Enginyers de Telcomunicació (ACET), a Asociación Canaria de Ingenieros de Telecomunicación (ACIT) e a consultora especializada Pc Carrier, participan nunha nova edición do proxecto formativo Plan Avanza presentado ante o Ministerio de Industria para formar profesionais para as Redes de Innovación de Comercio electrónico, formación do sector das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Ao finalizar cada curso os alumnos obteñen coñecementos específicos sobre a materia escollida, avalados por unha acreditación homologada polo Ministerio de Industria e certificada polas principais compañías participantes: Cisco Systems, Microsoft, SAP, Siemens, Oracle, ...
Os cursos, con diferentes datas de inicio, son impartidos por persoal especializado. A modalidade on-line escollida permite impartir as clases en directo nun horario establecido, pero logo hai un procedemento asíncrono de forma que o alumno pode seguir as clases a calquera hora e ten acceso aos laboratorios de prácticas as 24 horas do día.
PROGRAMAS:
- COMPETENCIA 1. INFRAESTRUCTURAS NETWORKING. CONTROL DE LAS COMUNICACIONES
- COMPETENCIA 2. MICROSOFT ENTERPRISE SERVER ADMINISTRATOR WINDOWS 2008
- COMPETENCIA 3. ADMINISTRADOR REDES LINUX
- COMPETENCIA 4. VIRTUALIZACIÓN Y CLOUD COMPUTING
- COMPETENCIA 5. BUSINESS INTELLIGENCE SQL SERVER
- COMPETENCIA 6. ADMINISTRADOR ORACLE 11g Y SAP BASIS ADMINISTRATOR
- COMPETENCIA 7. PROGRAMACIÓN JAVA J2EE
- COMPETENCIA 8. PROGRAMACIÓN ABAP. INTEGRACIÓN ENTORNOS ERP/CRM/PLM
- COMPETENCIA 9. WEBMASTER. PROGRAMACIÓN E-COMMERCE
- COMPETENCIA 10. DIRECCIÓN DE EMPRESAS. CONSULTOR SAP MÓDULOS FI Y CO
- COMPETENCIA 11. DIRECCIÓN DE EMPRESAS. CONSULTOR SAP RRHH. MÓDULO HCM
- COMPETENCIA 12. DIRECCIÓN DE EMPRESAS. CONSULTOR SAP MÓDULOS LO Y MM
- COMPETENCIA 13. MEJORES PRÁCTICAS PARA IMPLANTADORES REDES INNOVACIÓN
Para máis información contacta no tel.981.919.300 ou no mail administracion@coetg.es






