
O COETG e a AETG organizan a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Congreso FITCE
A Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón y Grecia, preside o Comité de Honra do 49º Congreso FITCE

Desde a Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG- COETG) estamos inmersos na organización da décimo-quinta edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información. Ademais este ano, con motivo da celebración do Xacobeo 2010, estamos a preparar tamén a 49 edición do Congreso FITCE, o simposio internacional das TIC, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
|
Galería de fotos NGT 2010 (03.09.2010) |
|
Galería de fotos recepción NGT 2010 (03.09.2010) |
|
Galería de fotos ceremonia NGT 2010 (03.09.2010) |
|
Galería de fotos mesas NGT 2010 (03.09.2010) |
A coincidencia e organización conxunta de ambos eventos motivou que por primeiro ano, tras as súas numerosas edicións, a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, se traslade do seu marco tradicional, o Gran Hotel da Toxa, á cidade compostelá. O Hostal dos Reis Católicos é o escenario elixido para a súa celebración que terá lugar o próximo 3 de setembro, venres.
Descargar os discursos dos ponentes
![]() |
Discurso do Decano do COETG |
![]() |
Discurso da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica |
![]() |
Discurso da Enxeñeira do ano |
![]() |
Discurso do Socio de Honra |

A transcendencia de ambos eventos motivou o envío deste correo electrónico para solicitar a túa colaboración e participación tanto no Congreso FITCE 2010 como na Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Ademais gustaríanos, se o desexas, que nos fagas chegar a túa proposta de comunicación ao Congreso, a través da nosa web www.aetg.org ou ben a través da web de FITCE www.fitce2010.org.
Sen máis, agardamos que nos acompañes, ao longo da primeira semana de setembro, na celebración de FITCE e na XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, animándote a que reserves a túa praza o antes posible dada a limitación de aforo de ambos eventos. Para calquera consulta podes contactar coa nosa secretaría de organización no teléfono 981 596 612 ou chamar á sede colexial no número 981 919 300.
Boletíns de noticias FITCE
![]() |
News FITCE xullo (PDF, 1,75 MB) |
Noite 2010: Os nosos patrocinadores:

FITCE 2010: Os nosos patrocinadores:









