O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizaron unha visita moi especial a unha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura.

Grazas a Carlos Pedreira, membro do COETG, os enxeñeiros de telecomunicación e as súas familias e amizades puideron facer un percorrido non so polo recinto en si, senón tamén polas distintas instalacións técnicas de acceso normalmente restrinxido ó público en xeral, amenizado polas explicacións dun dos enxeñeiros participantes no proxecto.
Data noticia: 21-07-2011

Durante o tour visitouse a exposición \Peter Eisenman. A Cidade\, onde a través de instalacións audiovisuais de gran formato, maquetas e outros recursos explícanse as ideas que inspiraron a Peter Eisenman, a lóxica seguida polo arquitecto e os protagonistas do equipo que o están a levar a cabo.


Continuaron no interior da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, nos que contemplaron a mostra titulada \Typewriter. A historia escrita á máquina\, que contén parte da colección Sirvent, que dispón dunhas 3.500 máquinas de escribir, das cales 2.500 están preparadas para o seu normal funcionamento grazas a unha restauración moi rigorosa. Para esta exposición seleccionáronse máis de 120 unidades que representan o máis destacado da historia universal das máquinas de escribir. Tamén visitaron a compilación titulada \Cartografía Antiga de Galicia\. A mostra permite ver a evolución no detalle e fiabilidade da información, os cambios nos sistemas de medidas ata a introdución do sistema métrico, o progresivo uso de sistemas de proxección e os cambios nos meridianos de referencia, pero tamén outros progresos paralelos como a evolución nas técnicas de gravado e impresión.Xa nos exteriores da Cidade da Cultura, puideron contemplar a exposición do artista valenciano Miquel Navarro -un dos grandes referentes da arte contemporánea española- \Figuras para la batalla\, realizada expresamente para a Cidade da Cultura. Vinte catro esculturas en aluminio macizo duns tres metros e medio de altura conforman unha composición de tramas arquitectónicas que dialogan coa paisaxe urbana na que se integran.

Tamén accederon ás Centrais de Instalacións, ó repartidor principal e á galería de servizos. Por último, visitaron a central de telefonía móbil e antenas e as torres de Hejduk, dende as que se observa a espectacular silueta dos dous edificios que se inaugurarán este ano: o Museo de Galicia e o edificio de Servizos Centrais.

\Dispoñendo os edificios como unha topografía artificial sobre a crista do monte






