Visita Cidade da Cultura

O COETG e AETG lévante á Cidade da Cultura

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un percorrido polas distintas instalacións dunha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura. A visita terá lugar o mércores 20 de xullo ás 17:30 horas. Durante o tour poderán verse as exposicións: \A Cidade\, sobre o deseño e construción da Cidade da Cultura de Galicia, \Typewriter\, unha mostra de máquinas de escribir antiguas e \Miquel Navarro: figuras para a batalla\, esculturas. O recorrido continuará despois cunha visita guiada ós edificios xa inaugurados Arquivo e Biblioteca, e entorno, onde se accederá ás Centrais de Instalacións, repartidor principal e galería de servizos. Por último, visitaremos as torres de Hejduk, a central de telefonía móbil e as antenas.Comparte con nós a visita a este complexo singular e gozar dunha oportunidade única de coñecer as particularidades técnicas desde o interior do mesmo.Para reservar pódese chamar ao 981 596 612 ou enviar un correo a aetg@aetg.org, indicando o número de persoas asistentes.Descargar invitación
Para máis información da Cidade da Cultura acceder a: www.cidadedacultura.org.
\Visita

Data noticia: 08-07-2011