XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009

XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009

A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información é o encontro anual que organiza o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia cao obxectivo de fomentar os lazos de cofraternización entre os profesionais das telecomunicacións e de ser o marco para homenaxear a aquelas persoas que teñan destacado no labor de desenvolvemento, implantación e promoción das TIC dende ámbitos diversos de actividade e a aqueles que dentro do colectivo destacan polos seus méritos no desenvolvemento das telecomunicacións dentro de Galicia. Este ano a Noite, xirará entorno ao tema A TELEVISIÓN DIXITAL: un avance tecnolóxico e social.

Este ano celebramos a XIV edición que terá lugar o 20 de novembro nun paraxe significativo dentro da xeografía da nosa terra como é A Illa da Toxa. Neste marco congregaremos a todos os enxeñeiros de telecomunicación que forman parte do noso colectivo e a aquelas autoridades e personalidades públicas e privadas relacionadas cao noso sector.

Se estás interesado en asistir debes cumplimentar o boletín de inscrición e remitilo por fax ao número: 981 55 30 36, ou por correo electrónico ao enderezo info@rpgalicia.es.

Descargar boletín de inscrición (Word, 104 KB)

Programa do acto (PDF, 127 KB)

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia entrega os seus tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e as distincións Socio de Honra e Enxeñeiro do ano

  • Ángel Viña, presidente de Denodo Technologies, Enxeñeiro do Ano e Rafael Valcarce, presidente de AETIC-Galicia e director de Arteixo Telecom, Socio de Honra 2009.
  • O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais correspóndelle ao Sistema de navegación por Internet coa Voz deseñado polo profesional, José Antonio Vidal Sampedro; Sound of Numbers recibe o Premio á Mellor Aplicación TIC; o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC recae na empresa Desarrollo Digital Galicia, S.L. e o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC concédeselle a Daniel González Jiménez polo novidoso sistema de recoñecemento facial.
  • Os Premios Galicia das Telecomunicacións 2009 entregaranse no marco da XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), que se celebrará o vindeiro 20 de novembro na Toxa e que abordará a temática da Televisión Dixital: un avance tecnolóxico e social.
  • O evento estará presidido polo xefe do Executivo galego Alberto Núñez Feijóo.

O presidente de Denodo Technologies, Ángel Viña Castiñeiras recibirá, no marco da XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o vindeiro 20 de novembro na Toxa, e que estará presidida polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, o galardón de Enxeñeiro do Ano, distinción instituída polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) que concede a enxeñeiros de telecomunicación destacados pola súa labor profesional.
Rafael Valcarce Baiget, presidente de AETIC-Galicia e director de Arteixo Telecom, convértese nesta edición da Noite en Socio de Honra da AETG, distinción do COETG e a AETG para premiar as personalidades destacadas no apoio e na promoción das telecomunicacións.

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais correspóndelle nesta ocasión ao Sistema de navegación por Internet coa Voz, deseñado e programado por José Antonio Vidal Sampedro.Ademais dos devanditos recoñecementos, o COETG-AETG fará entrega do Premio á Mellor Aplicación TIC á empresa Sound of Numbers polo seu proxecto
Son Architect
, distinción instituída pola AETG que recoñece as aplicacións das novas tecnoloxías aos sistemas de operatividade empresarial e industrial, e do Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TICá empresa Desarrollo Digital Galicia, S.L. polo proxecto www.mariscodigital.com e www.videopedido.com.

Ademais nesta edición tamén se fará entrega dun novo galardón, o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC ao enxeñeiro de telecomunicación Daniel González Jiménez pola súa tese “Improvements in Pose Invariance and Local Description for Gabor-based 2D Face Recognition”, distinción que recoñece aqueles proxectos de investigación emerxentes no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación.

O COETG e a AETG valoraron como razóns determinantes do outorgamento do Enxeñeiro do Ano a Ángel Viña Castiñeiras o seu decisivo labor na implantación da Demarcación Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia (COETG), a súa dedicación como primeiro decano do COETG e a súa traxectoria profesional como catedrático na Universidade da Coruña e como empresario do sector TIC galego con proxección internacional.

O presidente de AETIC-GALICIA, Rafael Valcarce Baiget, pasa a engrosar a lista dos Socios de Honra da AETG, distinción que premia as personalidades destacadas no apoio e na promoción do sector TIC en Galicia. As Xuntas Directivas do COETG e da AETG valoraron como razóns determinantes deste recoñecemento o seu liderado en canto ao compromiso que mantén co desenvolvemento industrial das ETIC en Galicia, a súa aposta por un sector galego ETIC forte e unido e pola súa ampla traxectoria profesional e o seu labor e esforzo ao fronte da empresa Arteixo Telecom.

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, que recoñece aqueles proxectos ou traxectorias das telecomunicacións que lle aporten beneficios á sociedade en xeral, concédeselle nesta ocasión a, José Antonio Vidal Sampedro, polo seu sistema, deseñado e programado para navegar por internet coa voz. Entre as múltiples vantaxes deste proxecto figuran a de non precisar de ningunha instalación previa no ordenador do usuario, máis alá dun micrófono, e que tamén funciona en teléfonos móbiles. Pensada especialmente para invidentes ou persoas con mobilidade reducida ao facilitarlles o manexo e acceso ás novas tecnoloxías, a aplicación conta ademais coa cualidade de ser bidireccional, de xeito que o usuario tamén pode escoitar respostas ás accións que leva a cabo mediante a súa voz.

O Premio á Mellor Aplicación TIC 2009, que recoñece as aplicacións das novas tecnoloxías aos sistemas de operatividade empresarial e industrial, correspóndelle este ano á empresa Sound of Numbers polo seu proxecto Son Architect, unha ferramenta de medición acústica en edificios. Entre as múltiples vantaxes que presenta, figura a posibilidade de comprobar se as solucións constructivas escollidas verifican os estándares de calidade esixidos pola normativa vixente; destacando ademais a súa novidade de aplicación software e a adaptación das novas tecnoloxías ao sector da construcción.

O Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no Sector TIC, patrocinado pola Fundación do mesmo nome e dotado con 6.000 euros, correspondeulle nesta edición á empresa Desarrollo Digital Galicia, S.L. polo proxecto www.mariscodigital.com e www.videopedido.com, unha iniciativa que premia a aplicación das novas tecnoloxías a sectores tradicionais da nosa economía e o carácter emprendedor e innovador do proxecto.

No tocante ao Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC o xurado valorou como razón determinante desta distinción a calidade técnica do traballo relacionado coa implantación dos sistemas de recoñecemento facial biométrico en contornos realistas, as súas aplicacións prácticas e o uso da tecnoloxía na industria e da transferencia de coñecemento ao sector das TIC.
Ademais da entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións, A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e presidida polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, versará sobre a Axencia Estatal de Radiocomunicacións a través da proxección dun audiovisual que exporá a candidatura e os méritos de Galicia para converterse na sede da tamén chamada Axencia do Espectro. Unha vella demanda do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia que busca sumar os apoios da Administración, do tecido empresarial e da sociedade galega.

Os nosos patrocinadores:


Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER
Abertis Telecom Arteixo Telecom Caixa Galicia Cisco CRTVG Egatel Gradiant Grupo Vitelsa IBM Imatia innovación Impulsa TDT Ineo Fundación Ingeniero Gerardo García Campos Microsoft Oracle Orange R Retegal Satec SES-Astra Telefónica Televés Tredess Ufinet Vodafone


Novas publicadas na prensa sobre a XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información