Asociarse

ASOCIADO DE PLENO DEREITO

Considéranse aptos para a condición de Asociado de pleno dereito ou numerario todos aqueles que, ou ben posúan o título de Enxeñeiro de Telecomunicación ou ben remataran todas as asignaturas da titulación de Enxeñeiro de Telecomunicación (a falta da lectura do proxecto Fin de Carreira) en calquera das Escolas, públicas ou privadas, recoñecidas polo Ministerio de Educación. Tamén son aptos aqueles Enxeñeiros de Telecomunicación que obtiveran o seu título fora do territorio Español, sempre que estea homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia·

· INFORMACIÓN PARA DARSE DE ALTA
· VANTAXES DE ASOCIADO DE PLENO DEREITO

ESTUDANTE ASOCIADO

Poderán ser recoñecidos como estudantes asociados, os estudantes de calquera das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñeiros de Telecomunicación do Estado Español, que cursen o último ano da carreira, en calquera dos planos oficialmente recoñecidos por este Estado e teñan residencia en Galicia. Dende o momento da súa admisión gozarán de todos os dereitos que poidan corresponder aos membros da Asociación, excepto o de voto nas Xuntas. Os estudantes asociados non aboarán cota algunha. Esta modalidade terá un período máximo de vixencia de DOUS anos e unicamente poderá manterse ata que se reúnan os requisitos para poder inscribirse como asociado de pleno dereito, momento no que deberá regularizar a súa situación na Secretaría da Asociación.

· INFORMACIÓN PARA DARSE DE ALTA
· VANTAXES DE ASOCIADO ESTUDANTE

Nota Informativa sobre os títulos válidos para asociarse na Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación

Para formalizar a inscripción bastará con proceder a:
1. Cumprimentar, en maiúsculas, e asinar, nos espacios debidos, a folla de inscripción da AETG, AEIT e domiciliación bancaria cao fin de proceder ao paso dos recibos de cotas (a cota do ano 2012 é de 120 euros + IVE, que se pagará en dous tramos xaneiro e xullo). A Asociación eximirá do pago desta cotaós membros que abonaran a cota ao Colexio.

· Folla de inscrición AETG

Para formalizar a inscrición bastará con proceder a:
1. Cumprimentar e asinar as seguintes follas de inscripcións adxuntas (máquina o letras maiúsculas).

· Folla inscrición Estudiante AEIT
· Folla inscrición Estudiante AETG

2. Fotocopia do DNI.

3. Entregar catro fotografías actualizadas.

Distribuir contido