En xuño de 1815, a mirada dos brokers londinienses atopábase fixa nun punto da xeografía belga, na cidade de Waterloo. Diversos indicios apuntaban a que o seu desenlace marcaría o devir da Guerra dos Cen Días, que enfrontaba ao exército napoleónico contra unha coalición de ingleses, prusianos e holandeses polo control de Europa. De esguello, tamén seguían os movementos da familia Rothschild, sabedores da estreita relación -suborno mediante- que a saga de financeiros mantiña co servizo postal alemán.
Fonte: elconfidencial.com








