Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2011, que este ano se celebra baixo o lema “Unha vida mellor nas comunidades rurais coas TIC”, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan os seguintes eventos:

Conferencia “TIC e a empresa nos parques empresariais de Galicia”
- “TIC e a empresa nos parques empresariais de Galicia” Celebración dunha conferencia que terá lugar en Vigo, baixo o título "TIC e a empresa nos parques empresariais de Galicia" e na que contamos, a parte da participación co COETG/AETG, coa co-organización da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT), de INEO, Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da comunicación de Galicia e a colaboración da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). A conferencia terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo ás 11.30 horas e nela participarán o noso Decano/Presidente, D. Ramón Bermúdez de Castro, Dna. Edita de Lorenzo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; D. Fernando Pérez, Director Xeral de GRADIANT; D. Jorge Cebreiros, Presidente de INEO e D. Santiago Gómara, Presidente da FEGAPE.











