NGT

Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia Colexio Oficial Enxeñeiros Telecomunicación Galicia

XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
O COETG e a AETG organizan a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Congreso FITCE

A Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón y Grecia, preside o Comité de Honra do 49º Congreso FITCE

Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Desde a Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG- COETG) estamos inmersos na organización da décimo-quinta edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información. Ademais este ano, con motivo da celebración do Xacobeo 2010, estamos a preparar tamén a 49 edición do Congreso FITCE, o simposio internacional das TIC, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009

A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información é o encontro anual que organiza o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia cao obxectivo de fomentar os lazos de cofraternización entre os profesionais das telecomunicacións e de ser o marco para homenaxear a aquelas persoas que teñan destacado no labor de desenvolvemento, implantación e promoción das TIC dende ámbitos diversos de actividade e a aqueles que dentro do colectivo destacan polos seus méritos no desenvolvemento das telecomunicacións dentro de Galicia. Este ano a Noite, xirará entorno ao tema A TELEVISIÓN DIXITAL: un avance tecnolóxico e social.

Este ano celebramos a XIV edición que terá lugar o 20 de novembro nun paraxe significativo dentro da xeografía da nosa terra como é A Illa da Toxa. Neste marco congregaremos a todos os enxeñeiros de telecomunicación que forman parte do noso colectivo e a aquelas autoridades e personalidades públicas e privadas relacionadas cao noso sector.

XIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

PREMIOS: O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, Socio de Honra; o director xeral de Sistemas Audiovisuais Itelsis, Gerardo García Alvela, Enxeñeiro do Ano; o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC é para a empresa WIRELESS GALICIA, o proxecto Taboleiro Dixital, dirixido pola directora do Centro de Educación Especial Rexional de Xordos de Santiago fíxose co premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais e a iniciativa FIVIDOC, presentada pola empresa Bit Oceans Research, premio á Mellor Aplicación TIC.

XII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

MÁIS DE 300 PROFESIONAIS DAS TELECOMUNICACIÓNS REÚNENSE NA TOXA NA SÚA GALA ANUAL

PREMIOS: Arturo Dopico, Enxeñeiro do Ano; José Grabriel Barreiro, Socio de Honra; Programa Rede de S@úde, Premio ao Proxecto TIC con Beneficios Sociais; Imaxin Software, Premio á Mellor Aplicación TIC e LambdaStream, Premio á Mellor Iniciativa Empresarial TIC.

A XI Noite Galega das Telecomunicacións, presidida polos conselleiros de Economía e de Industria, acolleu a presentación en exclusiva do novo sistema operativo Windows Vista de Microsoft e a presentación do Proxecto PuntoGal (.gal).

O Decano/Presidente do COETG/AETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, fixo un chamamento á aposta decidida polo sector TIC galego, para o que pedíu o compromiso da Administración.

MÁIS DE 300 PROFESIONAIS DAS TELECOMUNICACIÓNS REÚNENSE NA TOXA NA SÚA GALA ANUAL
O Gran Hotel Hesperia da Toxa acolleu o pasado 17 de novembro a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2006, gala organizada pola Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia (AETG-COETG), na que se deron cita máis de 300 profesionais do sector TIC, superando así cifras de asistencia de edicións anteriores. O acto, que camiña xa pola súa XI edición, estivo estivo presidido polos conselleiros de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Álvarez.

Distribuir contido