A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), a Associació Catalana d’Enginyers de Telcomunicació (ACET), a Asociación Canaria de Ingenieros de Telecomunicación (ACIT) e a Consultora especializada Pc Carrier en participan nunha nova edición do proxecto formativo presentado ante o Ministerio de Industria para formar profesionais para as Redes de Innovación de Comercio electrónico, formación do sector das telecomunicacións e a sociedade da información.
Ao finalizar cada curso os alumnos obteñen coñecementos específicos sobre a materia escollida, avalados por unha acreditación homologada polo Ministerio de Industria e Certificada polas principais compañías participantes: Cisco Systems, Microsoft, SAP, Siemens, Oracle, ...
Os cursos, con diferentes datas de inicio, son impartidos por persoal especializado. A modalidade on-line escollida permite impartir as clases en directo nun horario establecido, pero logo hai un procedemento asíncrono de forma que o alumno pode seguir as clases a calquera hora e ten acceso aos laboratorios de prácticas as 24 horas do día.