Certificado Dixital

O Certificado de Usuario é un documento dixital que contén, entre outros, os datos identificativos da persoa que o posúe, o que lle permite identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só o usuario e o seu interlocutor poden acceder a ela.

O Certificado Dixital permite aos seus usuarios realizar trámites de forma segura coa Administración Pública a través de Internet evitando desprazamentos e esperas innecesarias xa que a Administración Pública en Internet é áxil e eficaz.

O Certificado de Usuario é gratuíto e se utiliza a través do propio navegador de Internet, non sendo necesaria a instalación de ningún programa adicional. Ao solicitar un certificado de usuario, o navegador xera un par de claves. A clave privada se garda no propio navegador e a clave pública envíase á FNMT-RCM. A FNMT-RCM asigna un código de solicitude a esa clave que lle será remitido vía web ao usuario, quen deberá acudir a unha oficina de acreditación* co seu documento de identidade e o código de solicitude. Finalmente, trala acreditación, o usuario poderá proceder á descarga do Certificado Dixital vía web e quedará instalado no seu navegador.

*O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia é Oficina de Acreditación onde os colexiados e asociados poden realizar o trámite de acreditación para obter o seu Certificado Dixital.

Para máis información ou solicitar o certificado accede á web da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre: http://www.fnmt.es/