Descarga a Revista 'A Nosa Rede Especial Axencia Estatal de Radiocomunicacións: unha oportunidade para Galicia' (PDF, 1,59 MB) publicada na edición xeral de La Voz de Galicia o 23/07/08
As nosas noticias: pode asociarse usando estas RSS Feeds.
Teletraballo
Interesante artículo elaborado por Telefónica I+D para el área de Responsabilidad Corporativa de Telefónica onde se desglosan as vantaxas do teletraballo e se dan datos de adopción e aforros para a empresas e beneficios para a economía en xeral e o medioambente.
Convócase o Premio Gerardo García Campos 2008 A entrega do mesmo terá lugar na Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están preparando a celebración da decimo-terceira edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información. Este ano, como ven sendo habitual, terá lugar no Gran Hotel da Toxa, o venres día 7 do vindeiro mes de novembro.
No marco da Noite das Telecomunicacións, farase entrega, entre outros, do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2008, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros.
A Fundación Ingeniero Gerardo García Campos, a través deste premio persegue dar soporte a aqueles proxectos ou iniciativas que se afasten dos proxectos industriais xa consolidados na nosa comunidade, tales como o apoio aos promotores de calquera actividades científico-técnica novidoso que precisen dun soporte tanto financeiro como científico ou estrutural e que lles axude a realizar aquela actividade que xa está en marcha pero que precisa dun apoio para acadar a súa consolidación definitiva. Asemade, pretende crear unha conciencia na sociedade galega para dar a coñecer a existencia dunha fundación que ten unha función exclusivamente científico-técnica á que poder acudir para recibir axuda no desenvolvemento de calquera actividade relacionada coas novas tecnoloxías e a súa aplicación.
Galicia rexistra as porcentaxes máis elevadas de abonados aos operadores de cable
O informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) sobre a situación dos servizos finais e das infraestructuras de telecomunicacións por provincias e Comunidades Autónomas no 2007, reflectiu datos concluíntes sobre as cotas de mercado e as taxas de penetración que presentan os servizos de telefonía móbil, fixa e de banda ancha en cada provincia e Comunidade Autónoma española.
O estudio revela que Galicia e Extremadura son as autonomías coas taxas de penetración de banda ancha máis baixas de toda España, non superando as 13 liñas por cada 100 habitantes. Madrid, Baleares, Cataluña, Canarias, Cantabria, O País Vasco e Asturias superan, nembargante, a media nacional fixada en 17,7 liñas por cada 100 habitantes.
Publicación dunha nova edición da revista A Nosa Rede, especial monográfico: “A Axencia Estatal de Radiocomunicacións: Unha Oportunidade para Galicia" o día 23 de xullo, xunto co xornal “La Voz de Galicia”
Para mais información facer login
Data noticia: 22-07-2008
O xogo das palabras encadeadas
As TIC revolucionan a promoción social do galego mediante a creación dunha instalación multimedia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística xoga coa comunicación a distancia botando man das telecomunicacións para promocionar o galego. O departamento da Xunta vén de pór en marcha unha instalación multimedia que percorrerá distintos espazos públicos de Galicia facendo real a cadea de palabras a través dun xogo participativo baixo o reclamo “Agora tócache a ti”.
Asociada á campaña, ponse en marcha a web palabrasencadeadas.com na que irán aparecendo, ao longo do ano, iniciativas na rede dirixidas a todos os públicos. A primeira delas é un concurso para achegar imaxes nas que estean capturadas palabras galegas.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estivo en SICO 2008
Os pasados 26 ao 29 de xuño abriu as súas portas en Vigo a Feira da Construcción de Galicia (SICO 2008). Esta edición de SICO tivo lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI, Cotogrande, Vigo) e contou coa colaboración de diferentes empresas e entidades relacionadas co sector da construcción. Na presente edición, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), consciente da importante plataforma de lanzamento que constitúe o Salón, quiso sumarse a este evento cun stand expositivo, no que tivo a disposición do visitante material informativo sobre a súa actividade colexial.
Data noticia: 30-06-2008
O Observatorio da Lingua Galega estudará a presenza do galego nos novos medios
O balanzo do seu primeiro ano de funcionamento constata un escaso uso do idioma propio no ámbito empresarial e das telecomunicacións
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, vén de presentar os resultados obtidos polo Observatorio da Lingua Galega no seu primeiro ano de funcionamento e avanzar as próximas liñas de traballo deste instrumento de análise e diagnose. O estudo constatou a desigual presenza da lingua galega na sociedade, xa que mentras nas administracións autonómica e local o galego conta cun uso maioritario, non ocorre o mesmo nos ámbitos da empresa e das telecomunicacións, nos que a situación da lingua dista moito de estar normalizada.
Logo do primeiro balanzo xeral, a función do Observatorio da Lingua Galega será converterse nun instrumento áxil e rigoroso que poida proporcionar información actualizada e en profundidade de sectores concretos nos que planificar actuacións de normalización lingüística no futuro. Así, os vindeiros ámbitos de estudo que vai abordar son o de internet e o dos organismos de intermediación entre a cidadanía e a Administración, ou o que é o mesmo, xestorías, notarías e despachos de avogados. Durante a xornada presentouse tamén o portal web do Observatorio (http://www.observatoriodalinguagalega.org/) que será de acceso libre e que inclúe unha aplicación para obter datos estatísticos dos resultados, así como un boletín de noticias sobre a lingua.
Data noticia: 25-06-2008
Entrega de Diplomas
Entrega de Diplomas do Curso de Especialización en Administración de Redes e Servizos IP organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
O 29 de maio tivo lugar na sede do COETG en Vigo o acto de entrega de diplomas aos alumnos que superaron con éxito o curso sobre Especialización en Administración de Redes e Servizos IP, organizado polo COETG quen contou coa colaboración do Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo e que foi cofinanciado pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Ao curso totalmente gratuíto e que tivo unha duración de 5 meses asistiron 37 colexiados.
O acto, no que estiveron presentes o vicedecano do COETG, Miguel Merino; o responsable de Formación, Camilo Giraldez; e a responsable de Eventos, Pilar Villaverde, rematou cun coctel ofrecido na propia sede de Vigo, durante o cal os asistentes tiveron ocasión para intercambiar opinións sobre os resultados do curso e sobre outros temas de índole colexial.
Data noticia: 30-05-2008
Manifiesto COETG
Manifiesto do COETG co gallo do día Mundial das Telecomunicaciónes e da Sociedade da Información 2008
O I Concerto das Telecomunicacións reune na Coruña a máis de douscentos enxeñeiros
O I Concerto das Telecomunicacións reune na Coruña a máis de douscentos enxeñeiros
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia organiza a primeira edición deste evento no marco da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións
Co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións, que se celebra o 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas, o COETG organiza unha serie de actos nos que se conmemora esta data, entre os que se atopa o I Concerto das Telecomunicacións, que tivo lugar esta tarde no Auditorio da Fundación Caixa Galicia na Coruña.
O concerto, no que se deron cita máis de douscentos enxeñeiros, estivo interpretado pola Orquestra de Cámara de Galicia, e dirixido polo compositor, director e pedagogo Rogelio Groba, autor de preto de trescentas obras que abarcan todos os xéneros.
O repertorio estivo integrado por Zarabanda sobre un tema de Haendel, de R. Groba; Concerto en La Menor de J.S. Bach; Introducción e rondó caprichoso, de C.Saint-Saëns e A casa do demo, de L. Boccherini.