Descarga a Revista 'A Nosa Rede' - Especial XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009, adicada á “Televisión Dixital, un avance tecnolóxico e social” (09.12.2009) (PDF, 2,47 MB)
As nosas noticias: pode asociarse usando estas RSS Feeds.
Conferencia COETG
O COETG dáse a coñecer entre os futuros profesionais das telecomunicacións
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) está a participar no ciclo de conferencias organizando pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación (ETSET) de Vigo para ensinar ao seu alumnado o exercicio da profesión de enxeñeiro.
Este mediodía e da man do director-xerente do COETG, Ricardo Fernández, e da responsable do Servizo de Visado Colexial en Galicia, Luisa Lombardero, os asistentes puideron coñecer o funcionamento e servizos do Colexio así como o seu potencial e orientación de cara ao mercado laboral na conferencia impartida baixo o epígrafe “Presentación do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, funcións e servizos aos colexiados”.
Aprende a protexer unha torre de telecomunicacións Sen poñer en perigo a túa saúde
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia vén de celebrar unha xornada formativa sobre “Cómo protexer unha torre de telecomunicacións sen morrer no intento”. O taller, totalmente gratuito, tivo lugar onte no centro On Caixa Galicia de Santiago de Compostela, en sesión de tarde.
O seminario foi impartido pola empresa INT AR,S.L., con ampla experiencia no tema de protección contra raios, fenómenos naturais que poden supoñer un grave inconvinte para o bo funcionamento das TIC.
O COETG, membro do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) saíu elixido membro do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia durante a celebración da súa Asemblea Xeral Extraordinaria na que tamén se nomeou ao novo Presidente do Clúster, Rafael Valcarce Baiget.
O novo presidente aceptou este cargo, que terá unha duración de tres anos, comprometéndose a “por en valor o mundo empresarial TIC de Galicia para lograr crear marca en España e en Europa”; ademais de “impulsar a I+D+i das compañías galegas, potenciando as súas sinerxias e reducindo a fenda dixital da Comunidade” para logra situar a Galicia no mapa mundial das telecomunicacións.
Algúns dos integrantes do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia
Tras a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, o Clúster TIC Galicia inicia o seu traballo a pleno rendemento, contando cun Comité Estratéxico integrado por 22 membros escollidos tralo reconto de votos emitidos polas máis de cen empresas que constitúen o Clúster.
Membros do Comité Estratéxico:
D. Rafael Valcarce Baiget. Presidente
- D. Ramón María Lois Santos (AETIC-Galicia) - D. Jorge Cebreiros Arce (INEO) - Dna. Beatriz Legerén Lago (EGANET) - D. Ricardo Fernández Fernández (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) - D. Jesús Rodríguez Castro (Colexio en Enxeñería de Informática de Galicia) - D. Constantino Fernández Pico (Altia Consultores, S.L.) - D. Javier Grandal Bouza (Arteixo Telecom, S.A.) - D. José Ramón García González (Blusens Technology) - D. Manuel Balseiro López (Coremain, S.L.) - D. Antonio Rodríguez del Corral (R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.) - D. Gerardo José García Alvela (Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.) - D. Santiago Cárdenas Botas (Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.) - D. Santiago Rey Requejo (Tredess 2010) - D. Gerardo Crespo Riestra, (Gecreri, S.L.) - D. Juan Carlos Suárez Cebreiros (Level Telecom, S.L.) - D. Sebastián Santiago Area (Ozona Consulting, S.L.) - D. José Antonio Román Jiménez, (Sivsa) - D. César Blanco Gómez (Academia Postal 3 Vigo, S.L.) - D. Víctor López García (AVA Soluciones Tecnológicas, S.L.) - Dna. María Luz Castro Pena (Factoría de Software e Multimedia (Imaxin), S.L.) - D. Iago Soto Mata (Quobis Networks, S.L.) - D. Miguel Ángel Bugarín Pumar (Visual Publinet, S.L.)
Data noticia: 16-02-2010
Arranca a actividade do Clúster TIC Galicia
Arranca a actividade do Clúster TIC Galicia
Promovido, entre outras entidades, polo COETG, o Clúster integra a cadea de valor das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na nosa Comunidade
O Clúster TIC Galicia, do que forma parte activa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), inicia a súa actividade tras rematar os procedementos de legalización estatutaria e rexistro. A asociación que integra a cadea de valor das empresas de novas tecnoloxías da información e da comunicación vén de celebrar a súa primeira asemblea xeral ordinaria, que tivo carácter informativo e na que se ratificou a adhesión de 75 entidades, entre asociacións empresariais e profesionais do sector, colexios oficiais e outras empresas participantes. Destaca a integración neste novo grupo adherido da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
O Clúster TIC Galicia xorde do consenso conxunto do grupo promotor, formado polo COETG e polas organizacións EGANET, INEO, AETIC-Galicia e CPEI, entidades que aunaron traballo e esforzos para culminar a materialización do proxecto.
Data noticia: 15-01-2010
A AETG e o COETG lanzan o primeiro Dicionario Galego das TIC
A AETG e o COETG lanzan o primeiro Dicionario Galego das TIC
O DIGATIC recolle máis de 4.000 termos do sector das telecomunicacións e poderase consultar, na súa primeira versión on line, no enderezo www.digatic.aetg.org.
A Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia promoveron este proxecto en colaboración coa Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
A Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG-COETG) lanzaron, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, a través da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación (ETSET), o primeiro Dicionario Galego das TIC, tamén coñecido como DIGATIC.
O acto de presentación tivo lugar esta mañá en Santiago e contou coa presenza do presidente-decano, do secretario xeral e do director xerente da AETG-COETG, Ramón Bermúdez de Castro, Ramón María Lois Santos e Ricardo Fernández; do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo, do subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela e do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro. Tamén asistiron o secretario da Real Academia Galega, Manuel González; a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade da Vigo, Edita de Lorenzo e o responsable técnico do DIGATIC, Faustino Castro.
Galicia, candidata a albergar a Axencia Estatal de Radiocomunicacións
A comisión de Industria, Turismo e Comercio do Congreso dos Diputados aprobou onte (14.10.2009) a Proposición non de Lei que insta ao Goberno a estudar a posibilidade de emprazar en Galicia a futura sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións, xa que dita Comisión valora que a Comunidade galega reúne as condicións idóneas para ser sede desta Axencia.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, ven realizando dende hai anos, unha importante labor para impulsar esta iniciativa, baseandose na afirmación de que Galicia é, a día de hoxe, unha das comunidades mellor preparada para albergar a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións, como así o demostra o avance tecnolóxico da nosa comunidade nos últimos anos. Cabe destacar ademais, que esta iniciativa conta co apoio das entidades galegas máis relevantes do sector TIC.
O Congreso dos Deputados debate sobre a localización da Axencia Estatal de Radiocomunicacións en Galicia
• Unha vella demanda do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) que reclama a ubicación da Axencia do Espectro na Comunidade galega.
• O COETG vén argumentando, desde hai tempo, a súa petición asegurando que Galicia é unha comunidade pioneira no desenvolvemento das radiotelecomunicacións.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) reclama que a Axencia Estatal de Radiocomunicacións, tamén coñecida como Axencia do Espectro, teña a súa sede en Galicia, con competencias en todo o Estado. Dita Axencia xestionará o aproveitamento e a utilización eficaz dun recurso natural escaso como é o espectro radioeléctrico.
O COETG vén argumentando, desde hai tempo, a súa petición asegurando que Galicia é unha comunidade pioneira no desenvolvemento das radiotelecomunicacións, feito avalado por iniciativas como o despregue da Televisión Dixital Terrestre (TDT); experiencias piloto como o apagón analóxico no concello lugués da Fonsagrada, a existencia de empresas punteiras e referentes no eido das telecomunicacións ou o funcionamento da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, encargada da cualificación e formación de promocións de especialistas; así como a longa tradición en Galicia do exercicio da profesión asentado no milleiro de enxeñeiros de telecomunicación colexiados.
O Colexio defendeu, desde o principio, que este debe ser un proxecto de País, no que hai que deixar a un lado as cuestións partidistas, logrando así contar co respaldo e implicación da Administración e do sector TIC galego. Isto viuse reflectido o pasado 27 de marzo do 2008 cando se aprobou, por unanimidade, a Proposición non de Lei da Comisión de Industria do Parlamento de Galicia na que “o Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que a Xunta de Galicia se postule como sé da Axencia Estatal do Espectro Radioeléctrico”. A Comisión de Industria do Parlamento galego respaldou a suxestión do Colexio, é dicir, a petición que fixo incluíndoa como proposta para a elaboración do documento redaccional do Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010), aprobado en xaneiro de 2007.
A Axencia Estatal de Radiocomunicacións creouse co obxectivo de mellorar a xestión do dominio público radioeléctrico tanto nos seus aspectos de eficiencia e harmonización de usos, como de acceso ao recurso dos diferentes colectivos de usuarios. Á espera da aprobación do Estatuto que regule o seu funcionamento, as súas competencias venas exercendo a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Por isto o seu asentamento en Galicia reportaría grandes beneficios para a Comunidade galega como a xeración de centos de empregos de calidade con valor engadido, situando a Galicia no mapa global das telecomunicacións.
Data noticia: 13-10-2009
Movimiento Avanza
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa no Movimiento Avanza
Movimiento Avanza, organizado polo o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, é un evento itinerante que visitará diferentes cidades españolas para achegar as Tecnoloxías da Información e Comunicación, TIC, a todos os cidadáns e as Pemes, comunicando os obxectivos e axudas contempladas polo Plan Avanza 2.
A presentación terá lugar o próximo mércores 25 de novembro ás 12:15 h. en Palexco, situado no Peirao de os Transatlánticos.
Durante tres días ofreceranse unha serie de obradoiros e conferencias relacionadas coas novas tecnoloxías. A Asociación e Colexio intervendrán o xoves día 26 ás 11.00 horas coa Presentación da Plataforma Tecnolóxica e Desenvolvemento do Proxecto Diccionario Enciclopédico Galgo das TIC.
Máis información do programa de conferencias en: Movimiento
Data noticia: 23-11-2009
NGTSI 2009
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Xunta de Galicia suman forzas para emprazar en Galicia a Axencia Estatal de Radiocomunicacións
Así o expresaron o decano do Colexio, Ramón Bermúdez de Castro, e o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, na Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, gala que reuniu na Toxa a máis de 300 profesionais das ETIC na súa decimocuarta edición.
Bermúdez de Castro lembrou que a localización en Galicia da Axencia Estatal de Radiocomunicacións permitirá situar a nosa Comunidade na vangarda tecnolóxica e a súa incursión plena na Sociedade da Información e do Coñecemento.
A celebración adicada á Televisión Dixital abordou a nova forma de entender a televisión como o gran proceso tecnolóxico e social.
O acto, presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo e polo decano do Colexio, contou ademais coa presenza da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e co secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.
Ángel Viña, presidente de Denodo Technologies, recolleu o premio Enxeñeiro do Ano, e Rafael Valcarce, presidente de AETIC-Galicia e director de Arteixo Telecom, o galardón de Socio de Honra 2009.
O Gran Hotel da Toxa acolleu, o pasado venres 20 de novembro, a XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009, punto de encontro para os profesionais das telecomunicacións, as novas tecnoloxías e a Sociedade da Información, adicada, nesta edición, a Televisión Dixital como avance tecnolóxico e social. O evento, que contou coa presenza da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e co secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, estivo presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo e polo decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide. O acto, organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), congregou a máis de 300 profesionais das telecomunicacións, consolidándose como punto de encontro do sector TIC galego.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia aposta pola Rede Segura para a infancia
A través dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, o COETG e a AETG impartirá, nas principais cidades galegas, unha serie de “Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro da Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet”
O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), a través dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, organiza as “Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro da Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet” que se celebrarán, con carácter gratuíto, nas principais cidades galegas durante o mes de novembro e estarán dirixidas fundamentalmente a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos centros escolares e/ou asociacións culturais interesadas.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na difusión do Fogar Dixital
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) participará na Xornada do Fogar Dixital, que organiza a Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (ASIMELEC), a traveso da Comisión Multisectorial do Fogar Dixital, e que terá lugar este vindeiro xoves 5 de novembro na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avda.García Barbón nº 104, edificio Vista Alegre, Vigo).
O obxectivo desta xornada é difundir o Fogar Dixital e presentar as novas tecnoloxías e instalacións que require a súa instalación así como as normativas que se lle aplica. Luísa Lombardero Outón, responsable técnica do COETG, será a encargada de expor o proxecto de infraestruturas do Fogar Dixital, afondando nos visados expedidos polos Colexios Profesionais, na modificación do regulamento da Infraestrutura Común de Telecomunicación (ICT) e no futuro e innovación que supón o seu desenvolvemento e implantación.
A xornada será de carácter gratuíto e desenvolverase en horario de mañá dando comezo ás 9:45 horas coa recepción de asistentes e entrega de documentación e rematando ás 13.15 horas tras as conclusións e posterior coloquio.